A cidade de Vigo calcula ter unhas 800 vivendas en construción | Observatorio de Vivenda

A cidade de Vigo calcula ter unhas 800 vivendas en construción

A cidade de Vigo calcula ter unhas 800 vivendas en construción

Superada a forte crise da construción e, en gran parte, grazas á ordenación provisional, aprobada á espera do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), a cidade de Vigo retomou unha gran actividade de construción de vivenda en diferentes puntos. Barrios coma o do Cura ou Rosalía de Castro retomaron as súas promocións, así como obras novas. En total, estímanse unhas 800 vivendas as que ten a cidade en carteira, esperando ser rematadas nos anos próximos e engadidas á oferta de vivenda, o que suporá un alivio para o mercado e os prezos actuais.

Fonte.- Atlántico