A cidade de Vigo suma xa 1.760 vivendas de uso turístico, tan só superada por Sanxenxo | Observatorio de Vivenda

A cidade de Vigo suma xa 1.760 vivendas de uso turístico, tan só superada por Sanxenxo

A cidade de Vigo suma xa 1.760 vivendas de uso turístico, tan só superada por Sanxenxo

Vigo suma durante 2024 dous novos pisos turísticos ao día, sumando 126 novos en tan só dous meses. Este ritmo de crecemento supón que a cidade teña xa rexistradas 1.760 vivendas de uso turístico, unha cifra que en Galicia tan só é superada por Sanxenxo. Expertos afirman que esta proliferación pode afectar directamente ao mercado do alugueiro tradicional de maneira significativa. 

O prezo do metro cadrado en Vigo situouse en 10,2 €/m2 en abril segundo Idealista, un 3,6% maior ao mes anterior, e un 5,4% maior que a comezos de ano. Desta forma, un piso de 70 metros cadrados elévase a 714 euros. 

En relación a esta problemática, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a licitación para contratar un estudo que analice a situación do mercado de alugueiro e pescudar se hai zonas tensionadas de alugueiro no municipio, sen concretar de momento medidas concretas. Sobre isto, o alcalde sinalou que este informe "servirá para «obligar» á Xunta a buscar solucións". 

Fonte.- La Voz de Galicia