A cidade olívica xa presenta preto de 100 habitacións máis en vivendas turísticas que en aloxamentos hostaleiros | Observatorio de Vivenda

A cidade olívica xa presenta preto de 100 habitacións máis en vivendas turísticas que en aloxamentos hostaleiros

A cidade olívica xa presenta preto de 100 habitacións máis en vivendas turísticas que en aloxamentos hostaleiros

A cidade olívica xa rexistra máis habitacións que se ofertan nas vivendas turísticas que nos establecementos hostaleiros, supoñen 2.700 habitacións, case un centenar máis que as segundas, que son 2.638, segundo os datos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), nepartidas en 63 negocios. Isto reflicte a situación do mercado actual, coa transformación do sector de aloxamentos na urbe máis poboada de Galicia. Segundo os datos máis recentes do Rexistro de Empresas e actividades turísitcas da Xunta suman 1.278.

O repunte deste tipo de aloxamentos turísticos rexístrase nos meses de máis afluencia de persoas (verán e nadal). En abril o rexistro da Xunta contabilizaba 1.000 VUT, ao redor de 300 menos que agora, espérase que se almacenen as 1.500 antes de que se termine o ano debido á campaña do Nadal da cidade.

A cidade é a segunda de Galicia que máis VUT rexistra, despúes de Sanxenxo que agrupa case 2.700, mentres que en Santiago son unhas 800, na Coruña algo máis de 1.000, en Pontevedra pouco máis de 420 etc. Ante esta situacion algúns concellos xa tomaron medidas, como é o caso de Santiago onde reforzaron a regulación deste tipo de aloxamentos.

Fonte.- Faro de Vigo