Cláusula anticovid nos contratos de vivendas para os estudantes | Observatorio de Vivenda

Cláusula anticovid nos contratos de vivendas para os estudantes

Cláusula anticovid nos contratos de vivendas para os estudantes

A escasas semanas de que se inicie o curso escolar, en Compostela cada vez hai menos pisos libres para os novos estudantes. Debido á crise provocada pola COVID-19, a maioría de estudantes non tivo unha boa experiencia a finais do curso pasado e en moitos casos se tivo que mediar entre o arrendador, que pedía o cumprimento do contrato e o inquilino, que non podía acudir a Santiago por motivos de forza maior.

É por este motivo que para este ano boa parte das axencias inmobiliarias compostelás está n sendo previsoras e inclúen o que denominan unha "cláusula covid" que regule o modo de proceder en caso de que a situación sanitaria volva a complicarse e os estudantes teñan que deixar os seus pisos. A cláusula é diferente en cada caso, xa que é algo que se pacta entre ambas partes e que se negocia para intentar que beneficie tanto ao arrendador como ao arrendatario.

Fonte | El Correo Gallego