A CNMC multa a sete empresas inmobiliarias por pactar comisións | Observatorio de Vivenda

A CNMC multa a sete empresas inmobiliarias por pactar comisións

A CNMC multa a sete empresas inmobiliarias por pactar comisións

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) anunciou o xoves pasado unha multa de 1,25 millóns para sete empresas do sector inmobiliario por pactar comisións mínimas en vendas e alugueres de inmobles. As empresas afectas son as axencias Remax, Look & Find, Idealista, Inmovilla, Witei, MLS e Anaconda.

Todos eles participaron nun sistema de información compartida que permitía colaborar na comercialización de pisos. A cambio, esixíase que como mínimo cobrasen unha comisión do 4% na venda dunha vivenda ou ó equivalente a un mes de renda. O que para a CNMC é incompatible coa competencia.

Segundo a información recabada polo organismo, xa en 2002 as franquías inmobiliarias Remax e Look & Find promoveron un proxecto para comercializar conxuntamente inmobles en España e repartirse as comisións. Habitania, que máis tarde foi comprada por Idealista Tools, preparou un proxecto informático con dito fin. En 2017 Anaconda, unha sociedade constituída por Remax, Look & Find e MLS, sumouse como encargada de xestionar a base común de inmobles compartidos. A CNMC destaca que as empresas provedoras de software inmobiliario: Idealista (a través de Idealista Tools), Inmovilla e Witei contribuíron de forma activa a desenrolar e implementar o sistema mediante o cal se cometeu a infracción.


As multas son de 730.000 euros a Idealista; 375.720 euros a Remax; 83.149 euros a Inmovilla; 31.486 euros a Look & Find; 18.925 euros a Witei; 9.942 euros a MLS, e 1.749 euros a Anaconda. A sanción de Witei, reduciuse nun 45% pola súa colaboración co organismo. Ademais, a CNMC insta á Dirección de Competencia a analizar a responsabilidade dos directivos e representantes legais e doutros operadores non sancionados. 

Fonte | El País