A comarca de Barbanza acapara unha ducia de candidaturas aos premios do Colexio de Arquitectos de Galicia | Observatorio de Vivenda

A comarca de Barbanza acapara unha ducia de candidaturas aos premios do Colexio de Arquitectos de Galicia

A comarca de Barbanza acapara unha ducia de candidaturas aos premios do Colexio de Arquitectos de Galicia

Desde hai un tempo, a comarca de Barbanza está a xogar un papel destacado no ámbito da arquitectura contemporánea e isto demóstrase cos numerosos galardóns cos que conta.

Ademais, este palmarés podería verse ampliado nas próximas semanas, xa que a comarca conta con ata unha ducia de proxectos que figuran entre os candidatos aos Premios COAG, que convoca o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia o próximo día 25 de setembro no pazo de Baión, en Vilanova.

Así, a comarca conta cunha ampla representación na edición número 19 do certame, con 12 proxectos visados e executados en Barbanza entre agosto do 2018 e setembro do 2020 que se colan en case todas categorías. 

Fonte | La Voz de Galicia