Comezan a baixar os prezos da vivendas ante a situación de incertidumbre no sector inmobiliario | Observatorio de Vivenda

Comezan a baixar os prezos da vivendas ante a situación de incertidumbre no sector inmobiliario

Comezan a baixar os prezos da vivendas ante a situación de incertidumbre no sector inmobiliario

Os propietarios de vivendas, ante a incertidumbre xenerada pola paralización do mercado, comezan a baixar o prezo de venda das súas casas en pleno estado de alarma. O obxectivo é sacarlle ventaxa a outros vendedores chamando a atención dos compradores que se queren aproveitar das primeiras rebaixas do sector inmobiliario.

Segundo os datos recollidos no portal inmobiliario Pisos.com, na segunda metade do mes de marzo, un 24 % dos cambios nos prezos rexistrados nos anuncios foron á baixa, fronte o 19 % do mesmo período no 2019. No portal Idealista, propietarios con vivendas en Madrid aplicaron rebaixas ata o 29 %, tanto en pisos económicos como en casas de luxo. 

Este axuste de prezos axudará a mellorar o poder adquisitivo de moitas familias que non podían facer frente á compra dunha vivenda. 

 

Fonte | El País