A comisión de urbanismo do concello de Vigo aproba a ampliación do parque de vivendas de Navia | Observatorio de Vivenda

A comisión de urbanismo do concello de Vigo aproba a ampliación do parque de vivendas de Navia

A comisión de urbanismo do concello de Vigo aproba a ampliación do parque de vivendas de Navia

Urbanismo aprobou hoxe o plan promovido polo Instituto Galego de Vivenda e Solo de ampliar o polígono residencial de Navia con 1.600 novas vivendas. Cederanse 717.775 metros cadrados de solo, a maioría para construción residencial. Espérase que o parque de vivendas de Navia alcance os 5.351 inmobles. 

A Xerencia de Urbanismo tamén aprobou un protocolo de colaboración coa Xunta de Galicia para a construción de un instituto en Navia, requisito imposto polo Concello para a ampliación.

Fonte| La Voz de Galicia