A Comisión Europea publica recomendacións para os Estados membro para a loita contra a pobreza enerxética sen que aumenten excesivamente as rendas | Observatorio de Vivenda

A Comisión Europea publica recomendacións para os Estados membro para a loita contra a pobreza enerxética sen que aumenten excesivamente as rendas

A Comisión Europea publica recomendacións para os Estados membro para a loita contra a pobreza enerxética sen que aumenten excesivamente as rendas

A Comisión Europea ha publicado unha serie de recomendacións aos Estados membro para a loita contra a pobreza enerxética e o reforzo da protección dos consumidores, en especial a daqueles en situación de maior vulnerabilidade, de fronte ao próximo inverno. Entre elas atópase a de renovar os edificios cun peor rendemento enerxético, tratando de que iso non derive nun incremento excesivo dos alugueiros e custos das vivendas, que podería derivar en problemas de desprazamento de residentes, desafiuzamentos e xentrificación.

A recomendación recolle boas prácticas para as melloras estruturais que os Estados membro poden tomar de exemplo para abordar as causas profundas da pobreza a nivel enerxético, aínda que estas poderán ir acompañadas de medidas específicas para mellorar a asequibilidad da enerxía, tales como axudas á renda e tarifas sociais especiais ou dar apoio temporal a aqueles fogares afectados pola pobreza enerxética.

O documento apura aos países da UE para tomar medidas para acelerar o proceso de renovación enerxética dos edificios co peor rendemento enerxético, podendo garantir, polo menos, o nivel de aforro que o fogar necesita para lograr un confort térmico interior adecuado.

Entre as medidas tamén se atopa que se facilite o acceso a electrodomésticos eficientes, acelerar o despregamento de sistemas de medición intelixentes, acceder a sistemas de uso compartido de enerxía, entrre outros.

Fonte.- Idealista