Compartir piso custou de media 440 euros ao mes por habitación en España no 2022 segundo Fotocasa | Observatorio de Vivenda

Compartir piso custou de media 440 euros ao mes por habitación en España no 2022 segundo Fotocasa

Compartir piso custou de media 440 euros ao mes por habitación en España no 2022 segundo Fotocasa

Compartir piso en alugueiro custou de media en España 440 euros por habitación ao mes segundo o informe "Viviendas Compartidas en España en 2022" de Fotocasa o que supuxo un incremento do 20,5% con respecto aos 364 euros de media que custaba no 2021 subindo 75 euros no último ano e do 66% con respecto a 2015 cando a cota era de 265 euros.

As comunidades onde máis aumentou o prezo dunha vivenda en alugueiro compartida foi en Cataluña (+73,8%), Madrid (+68,7%) e a Comunidade Valenciana (+57,8%) mentres que os prezos máis altos déronse en Cataluña, con 545 euros mensuais, Madrid (503 euros) e o País Vasco (420 euros).

Fonte.- Europa Press