A compra de casas por parte de estranxeiros crece a dobre díxito nos últimos seis anos | Observatorio de Vivenda

A compra de casas por parte de estranxeiros crece a dobre díxito nos últimos seis anos

A compra de casas por parte de estranxeiros crece a dobre díxito nos últimos seis anos

Os estrenxeiros cada vez miran máis a Galicia para comprarse unha casa, sendo o volume de transaccións superior ao das comunidades do norte peninsular, excepto o País Vasco. Este bo comportamento débese a que a compra de vivendas por parte deste colectivo na comunidade leva crecendo a dobre díxito nos últimos seis anos (dende 2013): en 2019, un 12,9%.

Os súbditos doutros países buscan en Galicia tranquilidade, menos masificación e un clima menos caluroso que no sur de España e máis parecido ao que se poden atopar nos seus lugares de orixe, como Inglaterra ou Alemaña.

En 2019, as adquisicións de inmobles que realizaron os foráneos incrementáronse un 12,9% ao pasar das 828 de 2018 ás 959 do ano pasado. Con estas cifras, o mercado galego volve a moverse en niveis de 2009, segundo os datos que publicou o Consello Xeral do Notariado. Dende a cifra máis baixa da última década, as 339 transaccións de 2013, ata as 959 de 2019 o incremento foi do 182%. Polo contrario, no conxunto do país, a actividade caiu un 1,3% durante o pasado exercicio ata as 102.252 operacións. 

Durante o segundo semestre do pasado ano, as adquisicións en Galicia estiveron lideradas polos compradores de Alemaña (16%), Francia e Inglaterra, ambos co 13% do total. No caso nacional, os británicos (13,2%) seguiron liderando a clasificación por nacionalidade. Destacaron as subas das compras de marroquíes (19,7%), ecuatorianos (17,8%) e daneses (11,7%) e a caída entre chinos (-9,7%) e suecos (-8,3%).

Fonte | La Opinión Coruña