A compra de vivenda crece en Nigrán, Moaña e Porriño e cae en Vigo | Observatorio de Vivenda

A compra de vivenda crece en Nigrán, Moaña e Porriño e cae en Vigo

A compra de vivenda crece en Nigrán, Moaña e Porriño e cae en Vigo

A compra-venda de vivenda en Vigo cae este ano un 32,5% ata xuño, segundo os datos dispoñibles do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, aínda que o prezo segue á alza. Os datos mostran outra realidade e é que os municipios do entorno máis próximo a Vigo crecen, especialmente Nigrán, Porriño, Salvaterra e Moaña, aínda que a lista de concellos onde as transaccións de vivenda aumentan están tamén Arbo, Crecente, Fornelos e Vilaboa, aínda que en menor dimensión.

Os factores que influíron neste cambio de tendencia foron varios. En Vigo a escaseza de oferta de vivenda é un feito, mentres que a demanda segue crecendo, o que mantén os prezos moi presionados. 

Mentres isto ocorre en Vigo, a compra venda de vivenda en Porriño creceu un 18% de xaneiro a xuño deste ano en comparación co mesmo período do ano pasado; en Nigrán un 17%, en Salvaterra un 10% e en Moaña un 7%. 

Fonte | Atlántico