A compra de vivenda en España abaratouse un 4,5% durante a última década | Observatorio de Vivenda

A compra de vivenda en España abaratouse un 4,5% durante a última década

A compra de vivenda en España abaratouse un 4,5% durante a última década

O prezo de adquirir unha vivenda en propiedade en España rexistrou durante a última década unha traxectoria oposta á seguida pola maioría de países europeos, xa que dende o 2010 o mercado inmobiliario español abaratouse un 4,5 %, fronte ao incremento medio do 26,8 % na UE, segundo os datos publicados por Eurostat.

España é un dos catro únicos países dos vintesete nos que os prezos da vivenda reduciuse durante a última década, xunto a Grecia, cunha caída do 31 %; Italia, cun axuste do 15,5 %; e Chipre, onde o axuste nos prezos acumulado dende 2010 foi do 7,7 %.

No extremo oposto, as maiores subas no prezo da vivenda entre os países da UE corresponderon a Estonia, cun alza do 105,1% dende o 2010, por diante do incremento do 92,2% en Hungría e do 90,5% en Luxemburgo, mentres que en Austria, as casas encarecéronse un 81,3% en dez anos.

No caso de España, dende o 2010 o prezo do alugueiro de vivnda encareceuse un 4,02%, a menor suba acumulada dos 25 países da UE nos que as rendas aumentaron durante a última década.

Fonte | La Voz de Galicia