A compra de vivendas aumenta un 20,5% en Galicia fronte ao descenso no conxunto do país, segundo os datos publicados polo INE | Observatorio de Vivenda

A compra de vivendas aumenta un 20,5% en Galicia fronte ao descenso no conxunto do país, segundo os datos publicados polo INE

A compra de vivendas aumenta un 20,5% en Galicia fronte ao descenso no conxunto do país, segundo os datos publicados polo INE

No pasado mes de xaneiro a compravenda de vivendas aumentou en Galicia un 20,5%, ata situarse nos 2.184 inmobles, segundo os últimos datos publicados polo INE. Este balance deixa unha media de 70 operacións diarias. Galicia protagoniza un comportamento contrario ao experimentado no país en conxunto, onde produciuse no mesmo periodo un descenso do 2,1%, ata as 54.346 unidades. Sobre o total de compravendas, 465 foron vivendas de nova construción, un aumento do 29,5%, e 1.719 foron vivendas de segunda man, cun aumento do 18,3%. A gran maioría das operacións foron sobre vivenda libre, 2.116, por tan só 68 protexidas. 

Por provincias, produciuse un aumento en todas. En A Coruña aumentaron as compravendas nun 21,5%, pechando o mes con 1.064 operacións, en Lugo aumentaron un 20%, chegando ata as 282, en Ourense un 5,2%, ata 203, e en Pontevedra un 25%, ata as 635 operacións. 

O total de tramitacións en Galicia foron 4.176, das cales 2.184 foron por compravenda, 58 por donación, 4 foron permutadas, 1.035 foron herdadas, e 895 tramitáronse por outros medios. Doutra banda, transmitíronse 10.741 fiancas na comunidade, sendo 2.928 rústicas e o 7.813 restante urbanas.

Fonte.- La Opinión A Coruña