A compra dunha vivenda resulta imposible cun salario medio en máis da metade de España | Observatorio de Vivenda

A compra dunha vivenda resulta imposible cun salario medio en máis da metade de España

A compra dunha vivenda resulta imposible cun salario medio en máis da metade de España

HelpMyCash, un comparador de produtos financeiros, recolle no seu último estudo a imposibilidade do acceso á vivenda en máis da metade das rexións do noso país, demostra que co salario medio unha persoa soa non pode comprar unha vivenda en Andalucía, Aragón, Cantabria, Cataluña, Galicia, Illas Baleares, Illas Canarias, a Comunidad de Madrid, Navarra, País Vasco e a Comunidade Valenciana. Más grave é o caso de Madrid e Baleares onde tambien resulta realmente difícil comprar unha vivenda para quen o fai acompañado.

En concreto, para un madrileño que conte cun salario de 1,788 euros netos ao mes podería financiar a compra dunha casa de ata 149.317 euros, pero o prezo medio da vivenda na rexión sitúase nos 311.425 euros, moi por enciam do que se podería permitir, por tanto. En Baleares a situación complícase aínda máis, cun salario medio de 1.596 poderían acceder a unha vivenda de 133.283 euros, pero o prezo medio está en 348.397 euros. 

Polo outro lado, en canto a vivendas de 80 metros cadrados, pequenas, a situación para a súa compra facilítase en moitos territorios, aínda que no caso de Andalucía, Cataluña, Illas Baleares, Illas Canarias, Madrid, Navarra e País Vasco seguirán sen poder adquirila.

Fonte.- ABC