Comprar un piso para reformar custa case un 40% menos que un en bo estado en Galicia | Observatorio de Vivenda

Comprar un piso para reformar custa case un 40% menos que un en bo estado en Galicia

Comprar un piso para reformar custa case un 40% menos que un en bo estado en Galicia

Quenes estén a buscar inmoble, deberán pór na balanza varios factores para facer a elección adecuada entre comprar un piso para reformar ou un en bo estado. Por unha banda está o maior custo que supón un piso en bo estado, tan só facer a mudanza na data elixida pero sen facturas adicionais en obras. Doutra banda, o aforro que implica comprar unha vivenda que requira de albaneis, carpinteiros e fontaneiros para pola en condicións de habitabilidade.

En Galicia, comprar hoxe un piso para reformar costa case un 40% menos que un en bo estado fronte ao 25% de media no conxunto do país, segundo un estudo do portal Idealista en base aos prezos nas capitais de provincia. O custo por metro cadrado dunha vivenda de 90 metros cadrados en óptimas condicións na comunidade galega é de 1.895 euros o metro cadrado (no conxunto do país sitúanse en 1.705 euros), mentres que no caso dos inmobles que requiren de obras esa cantidade cae ata os 1.174 (1.279 de media no mapa nacional).

A maior brecha de prezos entre unha vivenda a reformar e unha en bo estado na comunidade dáse en Ourense e Pontevedra, onde o aforro roza o 46% no primeiro caso e chega ao 43,5% no segundo. Séguelles o mercado inmobiliario de Lugo, cun desconto do 35,7% e finalmente o da Coruña (case un 30%).

Fonte | La Opinión Coruña