A compravenda convértese no novo motor da recuperación do sector inmobiliario en España, superando ao alugueiro | Observatorio de Vivenda

A compravenda convértese no novo motor da recuperación do sector inmobiliario en España, superando ao alugueiro

A compravenda convértese no novo motor da recuperación do sector inmobiliario en España, superando ao alugueiro

Segundo o último informe publicado polo portal inmobiliario Fotocasa, o 44% dos demandantes de vivenda busca comprar inmobles, o que supón un punto porcentual máis que os que buscan alugar. Un cambio de tendencia que se produciu nos últimos meses, xa que os rexistros de febreiro indicaban que un 50% dos demandantes inclinábase polo alugueiro e o 40% pola compra.

Este cambio estivo provocado principalmente por factores como o teletraballo, que fixo que os españois valorasen cada vez máis a propiedade dunha casa, mentres que a afección polo alugueiro perdeu terreo.

Segundo Fotocasa, esta mellora da compravenda é o que está a impulsar o sector inmobiliario, que iniciou unha senda de recuperación continuada nos últimos meses. 

Fonte | ABC