A compravenda de casas en 2021 aumentou nun 34,6% | Observatorio de Vivenda

A compravenda de casas en 2021 aumentou nun 34,6%

A compravenda de casas en 2021 aumentou nun 34,6%

Segundo as últimas cifras publicadas do Instituto Nacional de Estatística (INE), en España en 2021 vendéronse 565.523 casas. Esta cifra supón un aumento do 34,6% respecto do ano anterior. A reactivación do sector inmobiliario, e de toda a actividade económica en xeral, era esperada para este ano. No ano 2021, a excepción do mes de Abril, tódolos meses superaron a cifra de 45.000 compravendas. Esta recuperación do sector ven da man das casas usadas, oito de cada 10 compravendas o ano pasado eran de inmobles usado, sumando un total de 450.485 operacións, supón a cifra máis alta dende o ano 2007.

Por outra banda, as compravendas de novas promocións, superaron por primeira vez dende 2014 a barreira das 100.000 operacións. Acadando as 115.038 compravendas segundo o INE, un 37,7% máis que en 2020. En comparación coas cifras de 2007 (326.000 compravendas de vivendas novas), a recuperación semella aínda lonxe. Pero se o comparamos con 2019 (92.946 compravendas) e 2018 (91.716 compravendas) a recuperación respecto dos últimos anos é un feito contrastado. 

 

Fonte | El País