A compravenda de vivenda redúcese un 11,4% e a concesión de hipotecas nun 22,4% en outubro | Observatorio de Vivenda

A compravenda de vivenda redúcese un 11,4% e a concesión de hipotecas nun 22,4% en outubro

A compravenda de vivenda redúcese un 11,4% e a concesión de hipotecas nun 22,4% en outubro

Segundo os datos provisionais da Estatística Rexistral, confírmase un novo descenso que afecta a case todas as comunidades autónomas tanto na compravenda de viviendas como na concesión de hipotecas no mes de outubro. En concreto, as operacións de compravenda de vivenda reducíronse un 11,4% interanual, chegando ata as 44.454 transaccións, mentres que a concesión de hipotecas descendeu un 22,4%. chegando ata as 30.850 operacións. 

As comunidades autónomas nas que máis se reduciu a compravenda foron Baleares (-29,8%), Melilla (-28,8%); Cantabria (-25,4%) e Andalucía (-18,8%). As operacións solo creceron en catro territorios: Navarra (10,8%); Asturias (7,5%); Murcia (3,6%) e Castela-A Mancha (3,1%). En canto ao total de compravendas, non só as de vivenda, senón que tamén as operacións baixaron un 6,7% interanual, ata as 86.269, alcanzando así os once meses consecutivos de baixadas.

Fonte.- El Economista