A compravenda de vivendas cae un 12 por cento en setembro en España | Observatorio de Vivenda

A compravenda de vivendas cae un 12 por cento en setembro en España

A compravenda de vivendas cae un 12 por cento en setembro en España

A compravenda de vivendas en España rexistrou o seu peor setembro en tres anos. O dato, publicado polo Instituto Nacional de Estatística (INE), mostra unha caída do 12 por cento en relación ao mesmo mes en 2018, sumando 37.995 operacións. Habería que remontarse ao 2016 para atopar un setembro peor. Así, acumúlanse dous meses consecutivos de taxas interanuais negativas, tras a caída dun 21 por cento en agosto.

Fonte.- ABC