A compravenda de vivendas cae un 7,3% e as hipotecas un 4,4% en España de abril a xuño respecto ao mesmo trimestre do 2022 | Observatorio de Vivenda

A compravenda de vivendas cae un 7,3% e as hipotecas un 4,4% en España de abril a xuño respecto ao mesmo trimestre do 2022

A compravenda de vivendas cae un 7,3% e as hipotecas un 4,4% en España de abril a xuño respecto ao mesmo trimestre do 2022

Nun contexto de subida dos tipos de interese, redúcese  o poder adquisitivo dos fogares e impide a moitos asumir operacións como a compra dunha vivenda ou a constitución de hipotecas, de tal forma que ambas as operacións perden fol.

Os rexistros do segundo trimestre do ano mostran 151.983 compravendas de vivendas, un 5,6% menos que o trimestre anterior, retomando a senda de descensos de finais de 2022, segundo os datos da Estatística Rexistral Inmobiliaria publicada polo Colexio de Rexistradores. En relación ao mesmo trimestre do ano pasado, a caída no número de compravendas foi do 7,3%, o que reafirma a tendencia descendente.

Con todo, tambien cabe destacar que os datos acumulados do último ano (o últimos catro trimestres) rexistran as maiores cifras desde mediados de 2008, chegando ao máximo histórico desde o devandito ano no cuarto trimestre de 2022 con 646.241 operacións de compravenda.

No caso do mercado hipotecario, o número de hipotecas rexistra un descenso no trimeste de abril a xuño dun 14,5% con respecto ao trimestre anterior e unha caída do 4,4% respecto ao mesmo trimestre de 2022.

Fonte.- La Razón