A compravenda de vivendas crece en Galicia fronte á media nacional | Observatorio de Vivenda

A compravenda de vivendas crece en Galicia fronte á media nacional

A compravenda de vivendas crece en Galicia fronte á media nacional

O comportamento da compravenda de vivendas en Galicia está sendo ben distinto á media nacional. Segundo datos publicados no Insituto Nacional de Estatística (INE) por medio da estatística de transmisións de dereitos da propiedade, Galicia é a terceira Comunidade con mellor variación no nivel de compravenda de vivendas, incrementándose nun 4,5 por cento en xuño con respecto ao mes no ano 2018. Tan só Castilla la Mancha e Murcia melloran os números da Comunidade galega. Sen embargo, a media nacional sitúase nun receso dun 9 por cento, máis de 13 puntos porcentuales por debaixo do resultado autonómico.

Fonte.- ABC