A compravenda de vivendas descende un 10% en Galicia no primeiro trimestre de 2020 segundo datos do Ministerio | Observatorio de Vivenda

A compravenda de vivendas descende un 10% en Galicia no primeiro trimestre de 2020 segundo datos do Ministerio

A compravenda de vivendas descende un 10% en Galicia no primeiro trimestre de 2020 segundo datos do Ministerio

Segundo os datos publicados polo Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, nos tres primeiros meses deste ano, a compravenda de vivendas descendeu en Galicia un 10%. É a primeira baixada nun primeiro trimestre dende 2013 e o menor valor dende o terceiro trimestre de 2017, cando se firmaron 4.236 compravendas. 

As transaccións volverán a cifras negativas nos primeiros meses do ano logo de que en 2019 pechasen o primeiro trimestre cunha subida interanual do 8,5%, se suavizasen no segundo, coincidindo ca entrada en vigor da Lei Hipotecaria, e baixasen un 3,4% no terceiro. Non rexistraron taxas positivas de novo ata o cuarto trimestre, cando as transaccións remontaron un 8%. 

O descenso trimestral de xaneiro a marzo foi maior en vivenda nova. Vendéronse un 13% menos de pisos novos e un 9,5% máis de usados. No total de compravendas, o 8,5% foron de obra nova e o 91,5% de segunda man. 

Pero non toda a caída débese a COVID-19, xa que o primeiro trimestre só inclúe dúas semanas do estado de alarma, que arrancou o 14 de marzo. Antes da pandemia, o sector xa mostraba síntomas de que a contracción iniciada en 2019 manteríase en 2020. 

 

Fonte | La Opinión Coruña