A compravenda de vivendas descendeu por cuarto mes consecutivo, segundo o INE | Observatorio de Vivenda

A compravenda de vivendas descendeu por cuarto mes consecutivo, segundo o INE

A compravenda de vivendas descendeu por cuarto mes consecutivo, segundo o INE

Segundo os datos que poden consultarse no Instituto Nacional de Estatística, a compravenda de vivendas caeu un 9,3 % interanual (e un 9,7 % respecto a Outubro). A caída anual do mercado sitúase nun 3,6 %. A caída débese a un estancamento da compra de vivendas de segunda man.

En Galicia o descenso interanual no último Novembro foi de un 2 % interanual (moito menor que o dato nacional). Na Comunidade galega acumúlanse 5 meses de caídas no número de transaccións inmobiliarias.

Fonte| El País