A compravenda de vivendas en España rexistra o maior incremento desde a burbulla inmobiliaria de 2008 cun aumento do 40,6% en setembro | Observatorio de Vivenda

A compravenda de vivendas en España rexistra o maior incremento desde a burbulla inmobiliaria de 2008 cun aumento do 40,6% en setembro

A compravenda de vivendas en España rexistra o maior incremento desde a burbulla inmobiliaria de 2008 cun aumento do 40,6% en setembro

A compravenda de vivendas en España alcanzou o pasado setembro o nivel máis alto desde a crise da burbulla inmobiliaria en 2008: rexistráronse 53.410 operacións segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE). As máis de 53.000 operacións realizadas en setembro supoñen un 40,6% máis que un ano atrás e un 38% máis de casas vendidas que no mesmo período do ano pasado.

Este incremento estivo causado principalmente porque se reaunudaron e materializaron as decisións de compra paralizadas pola pandemia e pola nova demanda de vivenda provocada pola mesma e os novos hábitos de vida da sociedade. Ademais, xunto con isto, axudou tamén a este incremento a recuperación económica que comeza a xurdir, xa que o mercado encadea xa sete meses consecutivos de crecemento interanual.

Segundo a tipoloxía dos inmobles, as últimas cifras do INE mostran que a recuperación das operacións está baseada fundamentalmente nas casas de segunda man, sumando 42.477 compravendas, fronte ás case 11.000 operacións de vivenda nova. Na comparación entre vivenda libre e protexida, a primeira segue sendo amplamente maioritaria e a segunda atópase en niveis practicamente testemuñais (menos dun 10% do mercado).

Fonte | El País