A compravenda de vivendas en España rexistra o seu mellor dato desde o 2008: aumentan nun 53,5% interanual en xullo | Observatorio de Vivenda

A compravenda de vivendas en España rexistra o seu mellor dato desde o 2008: aumentan nun 53,5% interanual en xullo

A compravenda de vivendas en España rexistra o seu mellor dato desde o 2008: aumentan nun 53,5% interanual en xullo

Segundo os últimos datos publicados polo INE, rexistrouse un aumento nas transaccións sobre vivendas novas e usadas dun 53,4% en xullo con respecto ao ano anterior, o que supón preto das 50.258 compravendas. A maior parte das operacións foron sobre vivendas de segunda man, que aumentaron un 56,9% con respecto ao mesmo mes do ano anterior, mentres que no caso das vivendas novas, o avance foi de o 40,2% en taxa interanual. 

Desta forma, este aumento supón o mellor dato de compravenda de vivendas desde o boom de 2008, aínda que os expertos apuntan a que é unha cifra que pode deberse ás operacións que non se chegaron a materializar debido á pandemia do coronavirus e comezaron a executarse a partir de xullo. 

As comunidades autónomas que presentan os maiores incrementos anuais no número de compravendas de vivendas en xullo son Cantabria (791%; 650 casas), Madrid (78,9%; 7.278 unidades) e Galicia (66,5%; 1.802 vivendas).

Fonte | El Economista