A compravenda de vivendas en España rexistrou en setembro un crecemento do 6,7 % con respecto a 2021 | Observatorio de Vivenda

A compravenda de vivendas en España rexistrou en setembro un crecemento do 6,7 % con respecto a 2021

A compravenda de vivendas en España rexistrou en setembro un crecemento do 6,7 % con respecto a 2021

España rexistrou no mes de setembro un total de 57.333 operacións de compravenda de vivenda o que supón un crecemento do 6,7 % con respecto ao mesmo mes de 2021 e o mellor setembro dende 2007 segundo a serie histórica de datos do INE. Coa subida no mes de setembro xa son 19 os meses consecutivos  no que o Instituto Nacional de Estadística amosa subidas interanuais nos datos de transacción de vivendas. Do total de operacións 47.279 foron de vivenda usada (un crecemento do 10,7 % interanual) fronte as 10.054 transaccións de pisos novos que sufriron unha baixada con respecto a 2021 do 7,8 % interanual. Como datos relevantes tamén se apreciou un aumento significativo no acumulado dos tres primeiros trimestres do 2022 con alzas do 18,3% no total de compravendas (neste caso as novas aumentaron un 6,6 interanual fronte ao 21,3 da usada).

Por comunidades, as que rexistraron o maior número de operacións en setembro foron Andalucía con 11.468 compraventas, seguida de Cataluña (9.278), Comunidad Valenciana (9.117)  e Madrid (6.905) mentres que en canto a subidas interanuais as que lideraron foron Canarias (+35,5%), Extremadura (+27,2%), Aragón (+18,4%), Comunidade Valenciana (+17,3%)  e Castela A Mancha (15,2 %).

Fonte.- Europa Press