A compravenda de vivendas encadea dez meses consecutivos de descensos | Observatorio de Vivenda

A compravenda de vivendas encadea dez meses consecutivos de descensos

A compravenda de vivendas encadea dez meses consecutivos de descensos

Segundo os datos publicados polo INE, as operacións de compravenda de vivendas diminuíron un 15,1% interanual en novembro, o que significa o décimo mes consecutivo con descensos nestas operacións. Non obstante, o sector inmobiliario prevé que o total de operacións do ano será o segundo mellor dende 2007. Os datos publicados na estatística de Transmisións de Dereitos da Propiedade do INE, amosan que en novembro pecháronse 46.888 operacións. 

Este descenso está relacionado tanto co descenso de compravenda de propiedades de segunda man, que descenderon nese mes un 16%, como o descenso das vendas de vivendas de nova construción, cuxo descenso foi do 11,1% interanual en novembro. Das 46.888 operacións totais, 43.654 foron transacción de vivendas libres, o que corresponde a un descenso interanual do 14,4%, e o resto (3.234) corresponderon á compravenda de vivendas de protección oficial, un descenso internual do 23,5%. 

Con respecto ao mes anterior, outubro de 2023, a compravenda aumentou un 2,1%, non obstante, no resto de meses do ano a redución foi do 9,3%. Neste caso, as vivendas de segunda man baixaron un 10,4%, e as vivendas de nova construción o fixeron nun 4,3%.

Fonte.- Bolsamania