A compravenda de viviendas en Galicia cae un 7,2% en outubro | Observatorio de Vivenda

A compravenda de viviendas en Galicia cae un 7,2% en outubro

A compravenda de viviendas en Galicia cae un 7,2% en outubro

A compravenda de vivendas baixou un 7,2 % en Galicia en outubro respecto ao mesmo período do ano anterior, o que representa case seis puntos menos que no conxunto de España, segundo datos do Instituto Nacional de Estadística (INE).

En Galicia rexistráronse un total de 1.368 vivendas adquiridas en outubro do total de 37.605 en España.

No conxunto do Estado a caída en outubro profundizouse e encadeou oito meses consecutivos de descensos, que se iniciaron o pasado mes de marzo a raíz da pandemia de coronavirus, xa que dende o comezo de 2020 a compravenda de vivendas acumula unha caída do 21,2 %.

A compravenda de vivenda usada, que segue encabezando o mercado co 79,5 % do total das operacións, foi a que experimentou o maior recorte, do 15,2 %, ata contabilizar 29.908 transaccións. Pola súa parte, a vivenda nova, que en setembro disparouse ata o seu maior incremento dende novembro de 2017, volveu cair en outubro, aínda que foi de forma máis moderada co 5 % menos e 7.697 operacións.

Fonte | El Correo Gallego