As compravendas de vivenda crecen un 71% e os prezos un 2,3% en España | Observatorio de Vivenda

As compravendas de vivenda crecen un 71% e os prezos un 2,3% en España

As compravendas de vivenda crecen un 71% e os prezos un 2,3% en España

O mes de xuño pechou con cifras moi positivas para o sector inmobiliario, xa que segundo os datos do Consello Xeral do Notariado o número de compravendas de vivendas rexistrou un incremento interanual do 71,2% e a concesión de préstamos hipotecarios creceu o 87,8%.

Concretamente, neste caso o número de compravendas creceu un 9,9% en xuño fronte a maio, cando se rexistraron 59.013 operacións. Igualmente, o prezo medio por m2 creceu, neste caso un 3,07% ata alcanzar os 1.473 euros. No rango interanual esta cifra supón tamén un crecemento do 2,3%, polo que a vivenda encareceuse respecto de hai un ano.

O prezo de medio do m2 cae un 2,3% interanual, aínda que a nivel mensual rexistra un incremento do 3,07%. Os notarios apuntan ademais que o dato mostra unha elevada disparidade interterritorial, xa que en oito autonomías rexistrouse un encarecemento no prezo da vivenda mentres que diminuíu no nove restantes.

Fonte | El Economista