As compravendas de vivenda e a concesión de hipotecas descenderon en Galicia máis que a media nacional en 2023 | Observatorio de Vivenda

As compravendas de vivenda e a concesión de hipotecas descenderon en Galicia máis que a media nacional en 2023

As compravendas de vivenda e a concesión de hipotecas descenderon en Galicia máis que a media nacional en 2023

No 2023, as compravendas de vivendas sufriron un descenso do 12,4% en Galicia, un porcentaxe superior á media nacional, onde o descenso con respecto a 2022 foi do 9,7%. A forte subida de prezos no sector inmobiliario, a precariedade laboral que aínda arrastran unha gran maioría das persoas novas ou o endurecemento na concesión de hipotecas explican en certa medida o que está a suceder no mercado da vivenda.

Por outro lado, a concesión de hipotecas baixou case un 22% en Galicia neste mesmo ano 2023, sendo desta forma Galicia a segunda comunidade de España con maior descenso neste apartado, tan só superada por A Rioxa, que rexistrou unha baixada do 36%. A media nacional na sinatura de hipotecas rexistrou un descenso do 17,8%, inferior ao acontecido en Galicia. A comunidade mantivo cifras positivas neste apartado durante os últimos tres anos, mentres que en España eran dous anos consecutivos de crecemento nas hipotecas concedidas. 

Os portais inmobiliarios prevén que ao longo deste ano o mercado de compravendas vaia de menos a máis, xa que o BCE deixou entrever as súas intencións de baixar lixeiramente os tipos para mediados de ano.

Fonte.- La Voz de Galicia