As compravendas de vivenda en España descenderon por segundo mes consecutivo en marzo | Observatorio de Vivenda

As compravendas de vivenda en España descenderon por segundo mes consecutivo en marzo

As compravendas de vivenda en España descenderon por segundo mes consecutivo en marzo

Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística en España contabilizáronse no mes de marzo 55.778 operacións de compravenda de vivenda, un 5,5% que os datos do mesmo mes do ano pasado pero un aumento do 11% con respecto a o mes de febreiro.

Do total de compravendas o 92% foron libres, baixaron un 6%  interanual ata as 51.302 polas 4.476 vivendas protexidas, baixaron un 2,8%. Por outro banda a vivenda usada rexistrou unha caída do  5,3% é un total de  45.309 transaccións polas 10.469 de vivenda nova (a baixada foi do 7,5 interanual).

Por comunidades Andalucía con 11.310 compravendas foi a que rexistrou o maior número, seguida da Comunidade Valenciana (9.230), Cataluña (8.723) e Madrid (6.567) mentres que as autonomías que rexistraron subidas interanuais foron: Canarias co 15,9%; Estremadura (+8,2%); Asturias (+7,2%); Comunidade Valenciana (+6,9%) e A Rioxa (+1,2%).

Fonte.- Europa Press