As compravendas de vivendas en España decreceron un 8% no último ano segundo o INE | Observatorio de Vivenda

As compravendas de vivendas en España decreceron un 8% no último ano segundo o INE

As compravendas de vivendas en España decreceron un 8% no último ano segundo o INE

Durante o mes de abril rexistráronse en España un total de 43.311 compravendas de vivenda o que supón unha caída do 8% interanual e do 22,4% en comparación ao mes de marzo.

Por tipo de vivenda a maioría foron libres,  39.809 fronte as 3.502 protexidas, en ambos casos houbo un retroceso en comparación a abril de 2022 no caso das primeiras un 8,1% e nas segundas un 3,5%. Por outro lado os inmobles de segunda man baixaron un 9,0% ata as 35.057 fronte as novas que caeron un 4,2% ata as 8.254.

Por Comunidades onde houbo un aumento en comparación ao ano pasado foron Cantabria (11,6%), Comunidade Valenciana (6%) y Estremadura (3,7%).

Fonte.- Idealista e INE