As compravendas de vivendas en Estados Unidos descenden un 18 % en abril  | Observatorio de Vivenda

As compravendas de vivendas en Estados Unidos descenden un 18 % en abril 

As compravendas de vivendas en Estados Unidos descenden un 18 % en abril 

Os datos do mes de abril da Asociación Nacional de Axentes Inmobiliarios mostran as primeiras consecuencias da crise do coronavirus en EEUU no mercado inmobiliario. As transaccións disminuiron un 17,8 % intermensual e ata un 17,2 % fronte a abril de 2019. Esta caída supón o maior descenso dende xullo do 2010, durante a anterior crise provocada polo estallido da burbulla inmobiliaria en 2008. 

Cos datos recollidos pola Asociación, a oferta de vivendas á venda quédase en 1,47 millóns de unidades, o que supón unha baixada do 19,7 % anual no inventario. Isto débese a que moitos vendedores retiraron os seus inmobles do mercado para ver como evoluciona a situación. Esta caída da oferta provocou un aumento do prezo medio da vivenda en EEUU ata tocar máximos históricos. O prezo medio aumentou ata o 268.800 dólares (261.500 euros). 

 

Fonte | CNBC