As compravendas de vivendas encadearon o sexto mes consecutivo de baixadas en España segundo os notarios | Observatorio de Vivenda

As compravendas de vivendas encadearon o sexto mes consecutivo de baixadas en España segundo os notarios

As compravendas de vivendas encadearon o sexto mes consecutivo de baixadas en España segundo os notarios

O Consejo General del Notariado contabilizou un total de 63.661 operacións de compravenda de vivenda durante o mes de marzo en España o que foi un 11,6% menos que hai un ano encadeando así seis meses consecutivos de baixadas. Por tipo de vivenda os pisos contabilizaron 49.263 transaccións (un 11,2% menos que en 2022) e as vivendas unifamiliares un total de 14.397 compravendas (en comparación ao mesmo mes do ano pasado sufriu unha caída do 13,4%).

A caída de compravenda de residencias foi maior en A Rioxa (-38,7%), Navarra (-34,9%), Madrid (-22,9%), e País Vasco (-22,7%) mentres que só aumentaron en Galicia (3,8%).

En canto ao prezo de vivenda os notarios rexistraron un valor medio no país de 1.580 euros o metro cadrado (unha baixada do 2,6%) sendo nos pisos de 1.746 euros polos 1.276 das vivendas unifamiliares (baixadas interanuais do 2,6% e 2,7% respectivamente en comparación a marzo de 2022).

Fonte.- Europa Press