A Comunidade de Madrid descarta aplicar limitacións nos prezos do aluguer | Observatorio de Vivenda

A Comunidade de Madrid descarta aplicar limitacións nos prezos do aluguer

A Comunidade de Madrid descarta aplicar limitacións nos prezos do aluguer

Despois de que PSOE e Unidas Podemos acordasen habilitar a concellos e comunidades autónomas a decidir sobre a introdución de políticas de límites aos prezos do aluguer en zonas onde o mercado se atopa tensionado, o Goberno de Madrid tomou xa unha decisión: non se imporá o límite ao prezo do aluguer en defensa da propiedade individual.

Consideran que estas medidas, fortemente intervencionistas, poden provocar a retirada de vivendas do mercado do aluguer resultando nunha concentración inmobiliaria que faría subir os prezos dos alugueres derivado da escasez de vivenda.

No seu lugar, o Goberno de Madrid defende que a mellor solución aos problemas de vivenda asumible pasa pola construción de nova vivenda para o aluguer polo sector privado, para o que se lanza o Plan Vive para a construción de 25 000 vivendas en 8 anos.

Fonte| El País