A Comunidade Valenciana anuncia un investimento de 48 millóns en axudas para o pago do alugueiro e hipotecas | Observatorio de Vivenda

A Comunidade Valenciana anuncia un investimento de 48 millóns en axudas para o pago do alugueiro e hipotecas

A Comunidade Valenciana anuncia un investimento de 48 millóns en axudas para o pago do alugueiro e hipotecas

A Comunidade valenciana anunciou novas axudas en materia de vivenda que irán destinadas ao pago do alugueiro e das hipotecas. No primeiro caso investirá 30 millóns, que se sumarán aos 22,8 xa presupostados, no bono alugueiro da mocidade que agarda chegar a 8.900 mozos e mozas.

Ademáis de esta axuda, dende o Goberno valenciano anunciáronse axudas para tratar a subida dos tipos de xuro que están pensada para as rendas medias e baixas que tivesen hipotecas variables e que lles aumentasen nun 30%  os xuros durante a revisión de abril de 2022 (agardan chegar a máis de 30.00 familias). Esta axuda terá dous supostos e o investimento será de 18 millóns (comezando as solicitudes en maio). O primeiro suposto e unha axuda de 600 euros para as familias con ingresos de ata 25.200 euros e que destinan ata o 40% no pago do préstamo mentres que o segundo será para aquelas persoas que gañan ata 33.600 euros e dedican ata o 50% á hipoteca que percibirán ata 300 euros.

Fonte.- Idealista