As comunidades autónomas máis eficientes ao rehabilitar casas beneficiaranse nas reparticións de fondos europeos | Observatorio de Vivenda

As comunidades autónomas máis eficientes ao rehabilitar casas beneficiaranse nas reparticións de fondos europeos

As comunidades autónomas máis eficientes ao rehabilitar casas beneficiaranse nas reparticións de fondos europeos

Unha das principais partidas do fondo europeo de recuperación, a destinada a rehabilitación de edificios á cal lle corresponden 5.520 millóns do total do compoñente 2, premiará a aquelas comunidades autónomas que maior eficiencia demostren na execución dos seus respectivos programas. 

Así o Ministerio de Transportes establecerá as normas xerais, a partir das cales as autonomías porán en marcha os seus propios programas de rehabilitación para facer chegar as axudas aos destinatarios finais, cuxo obxectivo é rehabilitar medio millón de vivendas ata 2023.

A primeira remesa de fondos, correspondente a este ano, será de 1.151 millóns nos programas de rehabilitación de contornas residenciais, os cales comprenden desde actuacións de rexeneración de barrios enteiros até intervencións en edificios ou en vivendas individuais, como poidan ser a substitución de xanelas ou caldeiras. O criterio para repartir o diñeiro, neste caso, será polo número de fogares que cada comunidade tiña en 2020.

Ademais deste programa, os executivos autónomos tamén xestionarán outros 480 millóns dos máis de 1.000 millóns que contempla o programa de rehabilitación de edificios públicos, mentres que o resto é para instalacións municipais. Para esta repartición, Transportes optou por considerar o principio poboacional: cada comunidade recibirá a cantidade que lle corresponda pola porcentaxe de poboación que ten respecto ao total.

Fonte | El País