As Comunidades Autónomas recibirán 1.900 millóns procedentes dos fondos europeos para a rehabilitación de vivendas e construcción de pisos de alugueiro social | Observatorio de Vivenda

As Comunidades Autónomas recibirán 1.900 millóns procedentes dos fondos europeos para a rehabilitación de vivendas e construcción de pisos de alugueiro social

As Comunidades Autónomas recibirán 1.900 millóns procedentes dos fondos europeos para a rehabilitación de vivendas e construcción de pisos de alugueiro social

O Goberno de España anunciou que repartirá nas vindeiras datas preto de 1.900 millóns de euros procedentes dos fondos europeos ás Comunidades Autónomas que deberán ser destinados a rehabilitación de vivendas, có fin de reducir o consumo dos inmobles en torno ao 30% , e para construcción de vivendas para o alugueiro social. Espérase que para as actuacións de mellora sexan repartidos entre as autonomías 1339 millóns de euros durante este ano mentres que para a edificación de vivendas de alugueiro social a idea do goberno central é que se transfiran os 500 millóns o vindeiro ano. A idea do executivo é que con estas actuacións creense uns 180.000 postos de traballo.

Coa transferencia destes fondos europeos o Goberno de España agarda que o número de rehabilitacións aumente un 10%, ata chegar a un número aproximado de 300.000 anuais, mentres que no caso do alugueiro agárdase que se constrúan uns 20.000 pisos en réxime de alugueiro social. Andalucía, Comunidade Valenciana, Catalunya e Comunidade de Madrid recibirán aproximadamente o 40% das axudas destinada á rehabilitación e o 60% das que teñen que ir destinadas a construcción de vivenda social.

Fonte.-El País