Concellos do rural de Ourense rehabilitan inmobles públicos para crear vivendas sociais | Observatorio de Vivenda

Concellos do rural de Ourense rehabilitan inmobles públicos para crear vivendas sociais

Concellos do rural de Ourense rehabilitan inmobles públicos para crear vivendas sociais

A pandemia fixo que moita xente volvese a interesarse polo mundo rural así que concellos do interior da provincia de Ourense aproveitaron esta demanda para recuperar poboación rehabilitando edificios públicos para convertilos en vivendas.

Exemplo de estas medidas é o Concello de Riós que está a rehabilitar có fin de crear dúas vivendas sociais, cun presuposto de 106.292 €, subencionados polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, a antiga escola de Castrelo de Cima o que se engade as 10 vivendas sociais xa habitadas no mesmo concello. Outros concellos que están a realizar accións semellantes na provincia son A Mezquita con tres vivendas sociais dispoñibles, Vilariño de Conso que ten previsto reformar a casa cuartel para sumar dous pisos protexidos aos 4 que xa ten. Noutras comarcas como a Baixa Limia ou Valdeorras os gobernos locais están a apostar por estas accións de creación de vivenda social en edificios públicos sendo ao redor o 100 o número total en toda a provincia de Ourense.

Fonte.- La Regíon