A concesión de licenzas de construción aumentou un 13 % en Vilagarcía durante 2019 | Observatorio de Vivenda

A concesión de licenzas de construción aumentou un 13 % en Vilagarcía durante 2019

A concesión de licenzas de construción aumentou un 13 % en Vilagarcía durante 2019

Segundo a memoria de actividades elaborada polo departamento de urbanismo do concello, a concesión de licenzas para obras maiores e menores de construción creceron un 13 % na localidade arousá con respecto a 2018. 

En total concedéronse 783 licenzas, noventa máis que no período anterior, ás que hai que sumar 27 licenzas de primeira ocupación e 57 de actividade.

Concretamente, outorgáronse 117 autorizacións para a realización de obras maiores, que se corresponden con aquelas que precisan un proxecto previo como poden ser obras de rehabilitación, acondicionamento de locais, construción de muros de contención etc. 

En canto ás licenzas de obras menores, concedéronse un total de 666 autorizacións, 89 máis que durante o ano previo. 

Fonte: La Voz de Galicia