A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda traslada a Enacom as medidas propostas pola Xunta para frear as ocupacións ilegais en Galicia | Observatorio de Vivenda

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda traslada a Enacom as medidas propostas pola Xunta para frear as ocupacións ilegais en Galicia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda traslada a Enacom as medidas propostas pola Xunta para frear as ocupacións ilegais en Galicia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasladou aos representantes do Grupo Enacom, durante unha reunión por videoconferencia, as medidas que propón a Xunta de Galicia para frear as ocupacións ilegais na Comunidade.

A conselleira expúxolles que o goberno galego vén defendo a necesidade de articular -por parte do Estado- un novo marco marco xurídico duradeiro, eficaz e definido que sirva para disuadir do delito e eliminar a sensación de impunidade entre os veciños. Tamén é preciso garantir axilidade nos procedementos xudiciais cuxo fin é devolver os inmobles ocupados aos seus propietarios.

Outro dos puntos abordados na reunión foi a situación do mercado do alugueiro e as diferentes regulacións que se plantexan tanto a nivel estatal como autonómico. Salientaron que o alugueiro é unha variable macroeconómica con implicacións no aforro e no investimento, polo que é importante explorar vías como incentivar a oferta de vivendas en alugueiro ou reforzar a creación dun parque público de vivendas.

Fonte | Xunta de Galicia