A Consellería de Medio Ambiente e o Colexio de Rexistradores da Propiedade colaborarán para axilizar a tramitación das axudas ao alugueiro para persoas afectadas pola crise económica da COVID-19 | Observatorio de Vivenda

A Consellería de Medio Ambiente e o Colexio de Rexistradores da Propiedade colaborarán para axilizar a tramitación das axudas ao alugueiro para persoas afectadas pola crise económica da COVID-19

A Consellería de Medio Ambiente e o Colexio de Rexistradores da Propiedade colaborarán para axilizar a tramitación das axudas ao alugueiro para persoas afectadas pola crise económica da COVID-19

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o decano do Colexio de Rexistradores da Propiedade firmaron un convenio de colaboración para optimizar a xestión e tramitación administrativa das axudas ao alugueiro postas en marcha para paliar os efectos da COVID-19. 

A Consellería quere esgotar o 100% do orzamento das axudas ao alugueiro para persoas afectadas pola crise económica da COVID-19. Deste xeito, apoiarase no Colexio de Rexistradores da Propiedade para acercar á sociedade galega un orzamento de case 8 millóns de euros, dispoñibles para axudar ás familias galegas. Así, a entidade servirá de canle de acceso á información rexistral, axilizando o procedemento de obtención da mesma por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), accedendo a información telemática e, en consecuencia, aforrando tempo e o pago das taxas correspondentes para a obtención dunha nota simple. 

 

Fonte | Xunta de Galicia