A Consellería de Medio Ambiente e o concello de Ribadavia avanzan no establecemento da nova área Rexurbe | Observatorio de Vivenda

A Consellería de Medio Ambiente e o concello de Ribadavia avanzan no establecemento da nova área Rexurbe

A Consellería de Medio Ambiente e o concello de Ribadavia avanzan no establecemento da nova área Rexurbe

Grazas ás diferentes reunións entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e o Concello de Ribadavia, estase a alcanzar o obxectivo de avanzar no establecemento da nova área Rexurbe de Ribadavia, declarada polo Consello da Xunta o pasado mes de xullo.

Nelas abordouse o plan de dinamización da área Rexurbe de Ribadavia, que debe redactar o concello para sometelo á aprobación do Consello, área que incluirá todo o ámbito do Conxunto Histórico desta vila ourensá, que tamén conta con área de rehabilitación integral (ARI). Cunha superficie total de 0,108 quilómetros cadrados, segundo a memoria presentada polo concello dentro da nova área Rexurbe existen 459 edificios cun total de 709 vivendas. Deles 263 edificios atópanse en estado deficiente, malo ou ruinoso.

A través desta nova figura, o Concello de Ribadavia pretende realizar actuacións de rehabilitación e mellora de edificacións e trama urbana, que incidirán sobre a situación económica e social dos ámbitos da área Rexurbe e de toda a vila de Ribadavia.

Fonte | Xunta de Galicia