A Consellería de Medio Ambiente e o concello de Touro estudarán posibles vías de colaboración en materia de rehabilitación residencial | Observatorio de Vivenda

A Consellería de Medio Ambiente e o concello de Touro estudarán posibles vías de colaboración en materia de rehabilitación residencial

A Consellería de Medio Ambiente e o concello de Touro estudarán posibles vías de colaboración en materia de rehabilitación residencial

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Touro (A Coruña) analizarán a posibilidade de colaborar na execución dalgún proxecto de rehabilitación de edificios para destinalos a usos residenciais. 

Neste sentido, o alcalde de Touro trasladou o seu interese por incorporar novas vivendas ao parque público residencial do municipio e avanzou que o Goberno local quere apostar pola rehabilitación como vía para poñer a disposición da veciñanza vivendas públicas en condicións vantaxosas que poderá levar a cabo a través dos diferentes tipos de axudas e programas de financiamento impulsados polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

Concretamente, o de maior relevancia é o Fondo de cooperación de apoio a entidades locais de menos de 50.000 habitantes, un instrumento creado en 2017 para ofrecer aos concellos préstamos sen xuros e en condicións favorables cos que poder acometer obras de rehabilitación e conservación do patrimonio construído. 

Así, ambas partes acordaron estudar posibles vías de cooperación entre ambos departamentos para levar a cabo proxectos relacionados coa posta en valor no municipio de áreas recreativas, espazos públicos e sendas peonís co fin de incrementar e mellorar as zonas de ocio e esparexemento de uso común.

Fonte | IGVS