A Consellería de Medio Ambiente emite un informe a favor da aprobación do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico-Artístico de Monforte de Lemos | Observatorio de Vivenda

A Consellería de Medio Ambiente emite un informe a favor da aprobación do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico-Artístico de Monforte de Lemos

A Consellería de Medio Ambiente emite un informe a favor da aprobación do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico-Artístico de Monforte de Lemos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ven de emitir un informe favorable como paso previo á aprobación definitiva do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico-Artístico (PEPCHA) do Concello de Monforte de Lemos. O Goberno municipal poderá seguir adiante coa tramitación do Plan, que arrancou no ano 2016 coa evaluación ambiental do documento. 

O PEPCHA de Monforte ten o doble carácter de documento de protección, en canto que propón medidas destinadas a salvagardar o patrimonio cultural, e de plan de rehabilitación, xa que ordena e programa actuacións dirixidas a recuperar e impulsar os valores sociais, culturais, económicos, ambientais, edificatorios e funcionais do conxunto do seu ámbito. 

O ámbito do Plan Especial abarca unha superficie de 69,18 hectáreas, das que 52,51 hectáreas corresponden propiamente ao conxunto declarado como Ben de Interese Cultural e 17,67 hectáreas ás zonas de respeto. 

 

Fonte | Xunta de Galicia