A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adxudica por case 58.000 euros o contrato para a pavimentación e mellora da rúa República Arxentina de Noia | Observatorio de Vivenda

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adxudica por case 58.000 euros o contrato para a pavimentación e mellora da rúa República Arxentina de Noia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adxudica por case 58.000 euros o contrato para a pavimentación e mellora da rúa República Arxentina de Noia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de adxudicar e asinar o contrato para a realización das obras de pavimentación e mellora da rúa República Arxentina, localizada en pleno centro urbano do Concello de Noia. A actuación a desenvolver terá un custo de 57.960,21 euros, dos que a Xunta achegará o 70% e o Goberno local, o 30% restante, tal e como figura no convenio de colaboración asinado por ambas partes o pasado mes de maio.

Tras a formalización do contrato hai uns días, a empresa adxudicataria disporá do prazo dun mes para comezar cos traballos previstos, que basicamente consistirán na execución da mellora do firme e da sinalización horizontal da rúa. Ao mesmo tempo, o proxecto prevé tamén a mellora das beirarrúas coa eliminación de barreiras para facelas máis accesibles ás persoas con mobilidade reducida. Os traballos rematarán co pintado das marcas viarias e a colocación do mobiliario urbano necesario.

A obra enmárcanse dentro do chamado Plan Hurbe, un programa posto en marcha no ano 2010 pola Consellería de Medio Ambiente para apoiar ás entidades locais na execución de proxectos e actuacións que contribúan a crear, mellorar ou humanizar espazos de uso público.

Fonte | Xunta de Galicia