A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asumirá o importe do alugueiro das persoas que reciben o Bono Social ata finais de ano  | Observatorio de Vivenda

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asumirá o importe do alugueiro das persoas que reciben o Bono Social ata finais de ano 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asumirá o importe do alugueiro das persoas que reciben o Bono Social ata finais de ano 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a traballar co fin de poder asumir o importe do alugueiro dos meses que restan do ano de todas aquelas persoas que na actualidade reciben axuda do programa Bono de alugueiro social. Esta nova decisión sumaríase ao compromiso xa asumido polo Goberno galego durante os meses de abril e maio, co fin de evitar que ningunha familia galega en situación de vulnerabilidade se puidese ver en risco de perder o seu fogar.

O IGVS está a ultimar o texto de Decreto polo que se convocarán as axudas extraordinarias ao alugueiro creadas no Real Decreto Lei 11/2020, a pesar de que o Goberno do Estado aínda non transferiu os fondos cos que financiará estas axudas. Ademáis, a Xunta porá en marcha actuacións e medidas para activar a economía, como as axudas para a compra de vivenda protexida, que chegarán ata os 20.000 euros para unidades familiares con ingresos inferiores a 4,5 veces o IPREM e que estarán dotadas de 5 millóns de euros.


Tamén se impulsará a construción de vivendas en alugueiro a través da posta a disposición, en condicións favorables, de parcelas para nova construción ou edificacións para rehabilitar en conxuntos históricos. Outra das novidades será a ampliación de liñas de axudas xa convocadas, como a de infravivenda, que aumenta en 100.000 euros a convocatoria, a de vivendas de mestres, en 1,1 millóns, e as de eficiencia enerxética e accesibilidade, en 1,1 millóns.

 

Fonte | IGVS