A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia avanza nas actuacións para a recuperación edificatoria de Ferrol Vello e Betanzos coa adxudicación dos proxectos de rehabilitación de vinte inmobles | Observatorio de Vivenda

A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia avanza nas actuacións para a recuperación edificatoria de Ferrol Vello e Betanzos coa adxudicación dos proxectos de rehabilitación de vinte inmobles

A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia avanza nas actuacións para a recuperación edificatoria de Ferrol Vello e Betanzos coa adxudicación dos proxectos de rehabilitación de vinte inmobles

A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia avanza nas actuacións para a recuperación edificatoria de Ferrol Vello e Betanzos coa adxudicación dos proxectos de rehabilitación de vinte inmobles, adquiridos ao abeiro da oferta de adquisición pública de 2018. Varios equipos redactores encargaranse de definir os proxectos de rehabilitación para rehabilitar as vivendas. 

No caso de Ferrol Vello, na convocatoria de 2018 reserváronse case 500.000 euros cos que se adquiriron 13 inmobles. Segundo as previsións do Instituto Galego de Vivenda e Solo o obxectivo é dispoñer de 34 vivendas de promoción pública, pero o número definitivo dependerá do proxecto construtivo que as empresas adxudicatarias presenten. De xeito paralelo, no Concello de Betanzos, a oferta realizada en 2018 permitiu adquirir seis inmobles que- tras a súa rehabilitación- permitirá dispor de seis vivendas e un local comercial. 

O compromiso coa rehabilitación neste dous concellos galegos non é unha cuestión illada, pero Ferrol e Betanzos son os dous concellos nos que se teñen comprometido máis actuacións do Programa Rexurbe ata o momento. 

 

Fonte | IGVS