A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destaca o éxito do programa de axudas a promotores para fomentar o alugueiro de vivenda estable a prezos vantaxosos | Observatorio de Vivenda

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destaca o éxito do programa de axudas a promotores para fomentar o alugueiro de vivenda estable a prezos vantaxosos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destaca o éxito do programa de axudas a promotores para fomentar o alugueiro de vivenda estable a prezos vantaxosos

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou esta mañá o éxito do programa de axudas a promotores de vivenda en alugueiro co que se garante aos galegos o acceso a un fogar de xeito estable e con prezos vantaxosos.

Como exemplo está o caso concreto de Sarria, onde se habilitaron 51 fogares, dos cales 11 son de nova construción e os restantes (40) son inmobles sen rematar localizados na rúa Castelao, polo que coa finalización das obras evitarase un caso de feísmo urbano. Unha vez rematadas as obras, os inmobles serán alugados por un período mínimo de 25 anos e os futuros beneficiarios, familias con ingresos que non superen 3 veces a contía do IPREM, pagarán un alugueiro a un prezo moi vantaxoso.

Asemade, destacou outra das virtudes deste tipo de programas como é o feito de fixar poboación nos concellos e vilas do rural, ao ofrecer novas solucións de vivenda en alugueiro a prezos vantaxosos; ao tempo que é unha maneira de fomentar un urbanismo responsable.

Ao longo de 2020 se está a mobilizar distintas axudas que suman un importe de 20 millóns de euros, cos que se permite aliviar a situación de 7.000 familias no pago do alugueiro aos que se suman as 3.500 que residen en vivendas protexidas da Xunta de Galicia.
 

Fonte | IGVS